viernes, 2 de diciembre de 2022

Semana da ciencia

Un ano máis, durante o mes de novembro, os nosos alumnos traballaron e aprenderon na Semana da Ciencia de forma conxunta con moitos exercicios e sobre todo moitos experimentos postos en práctica.


En infantil fixeron experimentos con xeo, onde os cativos descubriron como se derrete máis rápido o xeo co sal. Tamén coñeceron, a través de dous experimetos con auga, ovos e cenorias, cousas moi interesantes sobe as células e o ADN.











En primaria foron moitos os experimentos realizados.

En primeiro traballaron os campos magnéticos e as densidades dos líquidos.

En segundo fixeron varias tarefas con lume e auga.

En cuarto e sexto traballaron as reaccións químicas, neste caso vivindo a erupción dun volcán. Tamén visionaron como funciona unha lámpada de lava.











En quinto tiveron a posibilidade de fabricar os seus propios papaventos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario