jueves, 18 de mayo de 2023

Semana do libro!

 Hola a tod@s!!


Chegou a semana fantástica da biblioteca: a semana do libro!!


Este ano foi unha auténtica locura, fixemos moitísimas actividades e o pasamos en grande.


Para comezar grazas as aportacións de tódalas familias fixemos unha búsqueda de libros que estaban perdidos por todo o centro e como premio... libro que atopas, libro que te podes quedar para sempre! Tiveron que buscar polo patio, pasillos, aseos...foi divertidisimo!





Ademáis, nas horas de plástica, cada neno e nena fixo o deseño da portada dos seu libro favorita. Fixeron unhas obras moi orixinais.




Durante o recreo do xoves, fixemos un mural co título: "Qué é para ti un libro?" Cada un baixo ese título, expresou de forma libre a resposta a esa pregunta e quedamos realmente impresionados coa imaxinación e a creatividade d@s nos@s pequen@s.







E chegamos ao prato estrela de tódolos anos tendo como protagonistas aos cativos do cole: O apadriñamento lector. @s maiores do cole, disfrutaron dun rato cos nenos e nenas de infantil. Coma sempre, tanto maiores como pequenos, foi un rato divertidisimo!.



E por último, o venres, recibimos unha visita moi moi especial para o cole. Leyla foi unha antiga alumna e recentemente, e con tan só 14 anos, publicou "La hipotesis de cerrar heridas". Pasou un rato con 5º e 6º de Primaria contando a súa experiencia e contestando as inquedanzas dos máis pequen@s. Para finalizar, fixéronlle unha entrevista na radio. Moitas grazas por vir Leyla!!












Unha aperta moi grande!!

Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario