Ola a todos e todas!!
Benvidos ao noso novo blog da Biblioteca do Colexio San Fermín!!! Nel atoparedes as últimas novidades sobre libros, actividades relacionadas coa lectura, recomendacións, vídeos, etc. Agardamos que sexa do voso gusto e que participedes nas nosas propostas.
miércoles, 22 de diciembre de 2021
NADAL
jueves, 25 de noviembre de 2021
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ola rapaces e rapazas!!
Celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades.
Visitaron a nosa biblioteca para traballar con diferentes contos e vídeos, engalanaron as ventás con lazos morados,etc...
3 anos
5 anos
Espero que vos gusten as fotos, vémonos na biblio.
Unha aperta,
A Xoaniña Maruxiña
Mochilas viaxeiras
Ola familias!! Estou contentísima de anunciarvos que xa están a vosa disposición as mochilas viaxeiras!! Explícovos de que se trata...
No interior das mochilas atópase un libro de narrativa para @s máis pequen@s (pode ser un conto, unha novela…), un de consulta (sobre animais, cociña, manualidades, poesía…), outro para pais e nais e por último, un xogo de mesa.
Como podedes ver, as mochilas son para que as utilicedes todos xuntos en familia, cativ@s e maiores.
Soamente tedes que cumprir cunhas pequenas e sinxelas normas para que todos e todas poidamos divertirnos ao longo do curso con este material:
Pódense levar durante catro días (de xoves a luns). Fixádevos ben cando a tedes que devolver porque seguro que hai outra familia impaciente por desfrutar dela.
Deixade todo o material no interior das mochilas tal e como estaba ao inicio.
Prestade especial atención aos xogos de mesa xa que hai moito material que se pode perder como cartas, fichas, dados, etc.
En caso de deteriorar algún libro ou xogo, avisade ao devolvelas.
E por último, quérovos pedir un favor: sacádevos fotos coas mochilas: xogando, lendo, realizando unha receita, manualidade... como vos queirades!
Espero que vos guste!
Unha aperta xigante
A Xoaniña Maruxiña
lunes, 22 de noviembre de 2021
Día Universal dos Dereitos dos Nenos e Nenas
Ola a todo o mundo!!
Hoxe 20 de novembro é un día moi especial, sobre todo para os máis cativos porque celébrase o Día Universal dos Dereitos dos nen@s 👦👧e no colexio San Fermín, como xa sabedes, gústannos moito estas datas tan especiáis e fixemos diferentes actividades en tódolos cursos para conmemorala.
En Infantil traballaron sobre os dereitos á educación e o xogo.
1º e 2º de Primaria traballaron sobre o dereito á saúde coa axuda da nosa fantástica pizarra dixital e ademáis, fixeron un precioso mural.
En 3º e 4º sobre o dereito á identidade e familia deseñando o seu propio pasaporte.
miércoles, 3 de noviembre de 2021
SAMAÍN 🎃👻🧛
Ola familias! 😈
Como outro ano máis, ao chegar ao final de outubro, festexamos Samaín no colexio San Fermín.
Pese á situación na que nos atopamos, fixemos diversas actividades na nosa biblioteca coma ler contos terroríficos, facer aterradoras manualidades e ver películas de medo… 🧛♀️
domingo, 24 de octubre de 2021
DÍA DA BIBLIOTECA
Bos días a todos e todas!!!
domingo, 26 de septiembre de 2021
APERTURA BIBLIOTECA CURSO 2021/2022! 😊😊😊
Ola nenos e nenas!!
Xa estamos de novo por aquí, no noso cole e por suposto na nosa biblioteca.
Durante este curso, seguiremos cunhas normas parecidas as que cumplimos tan ben para combater ao Covid-19.
Para gardar estas medidas de seguridade destacamos:
* Seguiremos sen o recuncho de lecer e aumentamos os postos de lectura e traballo individual para que poidades estar moitos máis nenos e nenas mantendo a distancia de seguridade.
* É obrigatorio a desinfección de mans antes de entrar na biblioteca.
* Todos os postos desinfectaranse tralo seu uso.
* Seguiremos cun horario fixo semanal, no que teredes mínimo, unha sesión conmigo.
Pero non todo van ser malas noticias... 😋😋
Os informo que durante este curso, volveremos a poder utilizar a biblioteca durante dous recreos á semana!
Os martes e os xoves no recreo, o alumnado que desexe e cumprindo un aforo de 5 persoas á vez, poderedes visitarnos para facer emprestitos e devolucións.
Que vos parece??
Estou desexando vervos a todos e todas de novo!!
Un choque de cóbados moi animado.
A Xoaniña Maruxiña