Bos días a todos e todas!!!
O día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.
Os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a nosa biblioteca.
Os nenos e nenas de Educación Primaria fixeron tamén diversas actividades:
* En primeiro , segundo e terceiro fixéronse visitas á biblio para traballar a formación de usuarios (coñecer as normas da biblioteca, os diferentes rincóns...)
Tamén elaboraron uns minilibros de contos para engalanar o noso colexio e a nosa biblioteca. Quedaron moi bonitos!!!
*Nas clases de cuarto a sexto fixeron unha pescuda do tesouro na que ademáis de divertirse, coñeceron as diferentes seccións da biblioteca.
Este 24 de outubro foi un gran día para o noso cole, e dende ese día a presenza de lectores na biblioteca é moito maior 😃😃😃
Espero que todos sigan visitándome así de a miúdo.
Un saúdo,
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario