domingo, 26 de septiembre de 2021

APERTURA BIBLIOTECA CURSO 2021/2022! 😊😊😊

Ola nenos e nenas!!

Xa estamos de novo por aquí, no noso cole e por suposto na nosa biblioteca. 

Durante este curso, seguiremos cunhas normas parecidas as que cumplimos tan ben para combater ao Covid-19. 


Para gardar estas medidas de seguridade destacamos:


Seguiremos sen o recuncho de lecer e aumentamos os postos de lectura e traballo individual para que poidades estar moitos máis nenos e nenas mantendo a distancia de seguridade. 


* É obrigatorio a desinfección de mans antes de entrar na biblioteca.


Todos os postos desinfectaranse tralo seu uso.


* Seguiremos cun horario fixo semanal, no que teredes mínimo, unha sesión conmigo. 


Pero non todo van ser malas noticias... 😋😋

Os informo que durante este curso, volveremos a poder utilizar a biblioteca durante dous recreos á semana! 

Os martes e os xoves no recreo, o alumnado que desexe e cumprindo un aforo de 5 persoas á vez, poderedes visitarnos para facer emprestitos e devolucións.


Que vos parece??


Estou desexando vervos a todos e todas de novo!!


Un choque de cóbados moi animado. 


A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario