lunes, 30 de enero de 2023

Día mundial da paz e a non violencia

 Xa estou de volta!! 😀


Un ano máis traballamos o Día da Non violencia e a Paz de forma conxunta con moitos proxectos, muráis, manualidades, etc.


Os máis cativos traballaron a diferente simboloxía relacionada coa paz facendo debuxos cos seus corpos.









1º e 2º de primaria decidiron darlle cor e adornar o corredor cun mural.





En 3º e 4º aprenderon unha canción moi especial e por último, os máis maiores do cole, crearon unha paloma para adornar o patio.








Unha aperta.

Xoaniña

viernes, 23 de diciembre de 2022

NADAL

 Ola a todos e todas!!


No colexio San Fermín, non podíamos deixar de festexar estas datas tan especiais... O Nadal! 

O espírito do Nadal estivo presente nas aulas e no noso centro. @s nen@s e as súas familias engalanaron o centro con un montón de adornos feitos en casa.

Ademáis, como solíamos facer anos atrás, retomamos a celebración das badaladas todos xuntos (maxistralmente presentado por dous nenos e dous nenas de 6º de Primaria) e como non, sen olvidarnos da sesión posterior de discoteca. Sen olvidarnos da visita dun dos Reis Magos.




E por fin chegou o último día de clase onde recibimos a tódalas familias para brindarlles cos nosos orixinais villancicos.

Aqui podedes ver, unha pequena mostra de cada clase.






E por último, brindamos e comimos uns maravillosos doces aportados por todos e todas....Que viva o Nadal!




viernes, 2 de diciembre de 2022

Semana da ciencia

Un ano máis, durante o mes de novembro, os nosos alumnos traballaron e aprenderon na Semana da Ciencia de forma conxunta con moitos exercicios e sobre todo moitos experimentos postos en práctica.


En infantil fixeron experimentos con xeo, onde os cativos descubriron como se derrete máis rápido o xeo co sal. Tamén coñeceron, a través de dous experimetos con auga, ovos e cenorias, cousas moi interesantes sobe as células e o ADN.











En primaria foron moitos os experimentos realizados.

En primeiro traballaron os campos magnéticos e as densidades dos líquidos.

En segundo fixeron varias tarefas con lume e auga.

En cuarto e sexto traballaron as reaccións químicas, neste caso vivindo a erupción dun volcán. Tamén visionaron como funciona unha lámpada de lava.











En quinto tiveron a posibilidade de fabricar os seus propios papaventos.







viernes, 25 de noviembre de 2022

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día da eliminación da violencia contra a muller 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes.

Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.


Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 










Ademais, o propio día, as alumnas e alumnos de Primaria, fixeron unha andainda pola sende verde para reivindicar a importancia desta data.







Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña

lunes, 31 de octubre de 2022

Samaín

Que datas tan especiais! Tras o día da biblioteca, durante o resto de semana celebramos o Samaín e como non, a biblio estivo do máis transitada. Nenos, nenas e profes buscaron historias de medo para poder celebrar este día... Estos son algúns dos libros que se utilizaron:




Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial: unha meiga contou "Como mola tu escoba" aos nenos e nenas de 6º de Infantil!!







E coma sempre no propio día de Samaín a biblioteca non estivo de lado: 

Escapes rooms, disfraces, películas, xogos do espazo fedelleiro, contos de medo... que gran día!!


















Pasámolo de medo!!!!


Unha aperta

Xoaniña Maruxiña