domingo, 3 de abril de 2022

Día mundial concienciación sobre o autismo



Coma todolos anos o día 2 de abril,  celébrase o
 Día mundial da concienciación sobre o Autismo 💙 . 

No noso centro non podíamos deixar pasar esta data na que trátase de poñer en relieve a necesidade de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con autismo.  

Dende o noso centro queremos  visibilizar e concienciar sobre a importancia de comprender e sobre todo axudar os nosos compañeiros e compañeiras do centro. Desexamos que cada día se sintan felices e poidan lograr os seus obxectivos na vida.


Fixéronse moitas actividades desde todas as aulas, engalanaron as fiestras, fixemos murais, aprendemos lendo e vendo vídeos con pictogramas,etc.
















Espero que vos gusten as fotos, espérovos na biblio.

Unh aperta,

A Xoaniña Maruxiña.


viernes, 25 de marzo de 2022

Día da poesía e Reconquista de Vigo

Ola a todo o mundo!!


Semana de moito traballo no cole. Para comezar a golpe de luns tivemos unha misión para poder saír ao patio: Dicir con éxito a contraseña establecida en cada clase. Para iso, tiveron que recitar correctamente unha poesía.

Vemos aquí algún dos nosos trobadores:










Ademáis, os nenos e nenas de 2º de Primaria, gravaron a súa poesía na radio da nosa querida biblio





Esta semana a sección de Poesía da nosa biblio (82-P) foi a máis visitada para obter recursos e poemas para atopar a poesía máis axeitada a cada curso. Aquí tedes algún dos resultados






coa chegada do venres, conmemoramos o día máis especial para todos os vigueses e viguesas: A Reconquista!!


Para coñecer todo o que aconteceu, en Infantil e nos primeiros cursos de Primaria, leronse diferentes contos sobre este feito histórico local.






Outros optaron por facer unhas obras de arte dedicadas a esta efeméride.




E como colofón, os maiores do cole fixeron unha representación teatral, cun decorado moi especial no que participou todo o colexio.






Como vedes, no San Fermín non paramos de traballar e a biblioteca segue sendo o epicentro de todo traballo!

Vémonos pronto.

Unha aperta moi forte.

A Xoaniña Maruxiña


jueves, 24 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller e Semana da Prensa

 Neste mes de maio celebramos dúas efemérides moi importantes coas que desfrutamos e traballamos moito, trátase do Día Internacional da Muller e da Semana da Prensa. 💜

En Educación Infantil visualizaron diferentes contos e indagaron e informándose sobre Frida Khalo, Sabine Steinbach e Zaha Hadid.  Na Semana da Prensa traballaron coa prensa escrita e coa prensa dixital e ata crearón a súa propia tablet!









En Educación Primaria traballamos todos os cursos xuntos para facer un mural cunha liña do tempo de mulleres destacadas en diferentes ámbitos como a pintura, arquitectura, escultura, literatura, música, cine e deporte. Durante toda a semana traballouse coa prensa escrita y dixital en todos os cursos e decidiuse indagar e buscar novas sobre a actual guerra entre Rusia e Ucrania. 🇺🇦

 






Vémonos pronto!


A Xoaniña Maruxiña






sábado, 26 de febrero de 2022

23 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. 

Dende a biblioteca propuxemos biografías, libros da autora e diversas adaptacións da sección de poesía e música para empregar nas aulas.





Ademais, desde o equipo de normalización lingüística suxeríronnos varias actividades para investigar e profundizar sobre está autora e poetisa. 

Aquí tedes algúns exemplos.

Infantil


1º, 2ºe 3º





4º,5º e 6º


Un saúdo,

A Xoañiña Maruxiña.

viernes, 25 de febrero de 2022

Entroido 🎉🤣😁

 Boas nenos e nenas!!

Como nos gusta o Entroido!!

Ao longo desta pasada semana o Meco mandou día a día cómo vir vestido ao cole tendo en conta o proxecto deste curso do cole: "Os hábitos saudables"

Luns:


Martes:




Mércores:




Xoves:





Venres:


Ademais nas diferentes clases traballouse o Entroido
e fixéronse algunhas manualidades tendo como apoio algúns libros da nosa sección rosa (arte).

Se quéredes ver as fotos dos disfraces, botade unha ollada polos diferentes blogs do cole.



Espero que o pasárades tan ben coma min!

Un saúdo moi afectuoso,

A Xoaniña Maruxiña

Día da muller e nena na ciencia 👩🏼‍🔬💜

 Ola a todos e todas!!

O pasado venres 11 festexamos no cole o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Dende a biblio recomendamos diferentes libros e recursos para traballar esta efeméride.



Nas clases de infantil traballáronse mulleres históricamente representativas na ciencia coma  Hipatia Sara Seager e Ruby Payne-Scott.








 E os nenos e nenas de Educación Primaria realizaron un mural cunha liña do tempo de diferentes mulleres importantes na ciencia 🔬🔭🧪





Foi un día moi interesante e divertido!


A Xoaniña Maruxiña