viernes, 25 de marzo de 2022

Día da poesía e Reconquista de Vigo

Ola a todo o mundo!!


Semana de moito traballo no cole. Para comezar a golpe de luns tivemos unha misión para poder saír ao patio: Dicir con éxito a contraseña establecida en cada clase. Para iso, tiveron que recitar correctamente unha poesía.

Vemos aquí algún dos nosos trobadores:










Ademáis, os nenos e nenas de 2º de Primaria, gravaron a súa poesía na radio da nosa querida biblio





Esta semana a sección de Poesía da nosa biblio (82-P) foi a máis visitada para obter recursos e poemas para atopar a poesía máis axeitada a cada curso. Aquí tedes algún dos resultados






coa chegada do venres, conmemoramos o día máis especial para todos os vigueses e viguesas: A Reconquista!!


Para coñecer todo o que aconteceu, en Infantil e nos primeiros cursos de Primaria, leronse diferentes contos sobre este feito histórico local.






Outros optaron por facer unhas obras de arte dedicadas a esta efeméride.




E como colofón, os maiores do cole fixeron unha representación teatral, cun decorado moi especial no que participou todo o colexio.






Como vedes, no San Fermín non paramos de traballar e a biblioteca segue sendo o epicentro de todo traballo!

Vémonos pronto.

Unha aperta moi forte.

A Xoaniña Maruxiña


No hay comentarios:

Publicar un comentario