martes, 21 de abril de 2020

Mércores: semana do libro 📘📘📘

Ola familias!!

Hoxe como actividade para completar o #Retodolibro propóñovos convertirvos en "Booktubers".

A idea é crear un vídeo explicativo, pode ser tanto dun libro (expoñendo o título, autor, un breve resumo e por qué vos gustou) ou dun xogo (facendo unha explicación similar ou gravando un vídeo titorial de como se xoga). Procurade que o vídeo non se extenda máis de 2 minutos.

En youtube podedes atopar algúns exemplos.

Para compartir o resultado enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.


Unha aperta dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña



lunes, 20 de abril de 2020

Luns: semana do libro 📙📙📙

Ola a todos e todas:

Aquí está a primeira actividade do #Retodolibro: crear un marcapáxinas orixinal!

Hai moitas opcións para que todos teñades a oportunidade de facer algún aínda que non dispoñades de moitos materiais.

Para a elaboración necesitaredes folios brancos (tamén poden ser de cores e se non podedes pintalos vós), regra, tesoiras e pegamento. No caso de que non teñades pegamento ao final do post déixovos tres opcións para elaborar un pegamento caseiro. 

Aquí tendes algúns vídeos titoriais e algunhas imaxes de exemplo:















Tamén hai moitas máis opcións para facer con origami:





Estes son algúns dos resultados:


Para realizar pegamento caseiro tedes as seguintes opcións:

Opción 1:

  Ingredentes:
  • Fariña
  • Auga
Introducir a fariña  nun bol e logo agregar auga de acordo á cantidade de fariña utilizada. Batir os ingredentes ata formar unha mezcla suave e libre de grumos. Logo quentar a mezcla  ata que ferva,  debemos revolver constantemente.  Por último, deixar que se enfríe.

Opción 2:

      Ingredentes:
1 taza de Fariña
1/3 de taza de azucre
1 culler de vinagre
Un pouco de auga


Nunha pota colocase o azucre e a fariña con un pouco de auga, cociña a fogo medio ata que se faga una mezcla espesa, agrega  o vinagre, déixao arrefriar, colócalo nun envase e pono no refrixerador.

Opción 3:



Para compartir o resultado dos marcapáxinas enviade unha foto a calquera dos números de WhatsApp do cole ou subídea a Facebook etiquetando o perfil do cole na publicación.

Agardo con impaciencia os vosos resultados!

Moitos bicos virtuais dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 17 de abril de 2020

Semana do libro 📙📘📗

Boas familias!!

A próxima semana celebramos na nosa biblioteca a semana do libro!! 
Para iso imos propoñervos o #Retodolibro que consistirá en tres actividades que debedes completar ao longo da semana. 

*Luns: fago un marcapáxinas orixinal. Nesta actividade que propondremos o luns teredes varios vídeos tutoriais para a realización de marcapáxinas con manualidade o papiroflexia. Utilizade toda a vosa creatividade!!

*Mércores: convertímonos en "Booktubers". Imitando aos famosos "Youtubers" desta xeración vos retamos a facer un vídeo no que expliquedes o voso libro favorito, o voso xogo de mesa favoritu, un titorial de como se xoga... Procurade que o vídeo sexa completo pero que non se extenda  máis de 2 minutos. 

*Venres: facemos un Contacontos en familia! Vos animamos a grabarvos mentres contades o conto que máis vos guste, para facelo chegar así ao resto das familias do cole e que poidan ver os vosos contos preferidos.

Cada día dos citados haberá unha entrada máis de blog explicando con  máis detalle a actividade.

Espero moitísima participación, estou desexando comprobar cantos de vós conseguides completar o #Retodolibro!!

Un saudiño,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 10 de abril de 2020

Escaperooms na casa!!

Ola pequenos, pequenas e familias!!

Hoxe, dende a biblioteca do cole, quero recomendarvos algúns xogos alternativos aos habituais que podedes facer estes días. É o caso dos Escaperooms!

Este tipo de xogos son moi divertidos, poñen a proba a mente e o inxenio e o mellor, son perfectos para facer en casa!!

O ideal é que vós mesmos vos animedes e creedes un Escaperoom con pistas para que xogue o resto da familia, a seguinte páxina pode axudarvos:


Mais se o que estades buscando é xogar directamente tamén existen varias opcións.

Para os máis pequenos o mellor é unha pescuda do tesouro, algo máis sinxelo, con probas menos elaboradas e que dure menos tempo, un exemplo é o seguinte:


Para os máis maiores hai máis diversidade de opcións, aínda que sería conveniente que un adulto tamén xogase para axudar nas probas con maior dificultade. As opcións que seleccionei son as seguintes:


Nesta páxina atoparás recursos imprimibles para montar o teu propio xogo de escapismo na casa. Un deles é específico para público infantil.


Neste escaperoom virtual serás "Romeo", quen terá que demostrar a súa intelixencia para conseguir a man da súa ansiada "Julieta".


Este último recurso vai dedicado a tódalas persoas que, coma min, son fans da saga Harry Potter. O enlace vos levará directamente a un xogo virtual no que teredes que utilizar o voso inxenio xunto co voso coñecemento do mundo máxico. 
É unha magnífica oportunidade de practicar idiomas dado que o xogo está ambientado en Londres e escrito en inglés. 

Por último, para os nenos de últimos cursos e con axuda da familia, contamos con este divertido xogo que se basea nunha época futurista onde a moeda de cambio é: O papel hixiénico!!


Espero que vos animedes a facer algunha destas propostas e que vos fagan pasar ao menos unha tarde moi divertida. 

Apertas, 

A Xoaniña Maruxiña




jueves, 2 de abril de 2020

Día do Autismo 💙💙💙

Boas familias!!

Hoxe, día 2 de abril, quixemos celebrar todos xuntos o Día do Autismo 💙 pedíndovos os vosos #SelfiesPoloAutismo.

Aquí tendes os resultados, son xeniais!! Moitas grazas por esta gran participación 😍😍



Ademáis, as clases de Diego, Brais e Fonsi fixeron estes emotivos vídeos, quedáronlles xenial 😊😊💙
Vídeo de 3º de Educación Primaria:




Vídeo de 4º de Educación Primaria: 




Vídeo de 5º de Educación Primaria:


Moitos bicos e apertas dende a biblioteca do cole.

A Xoaniña Maruxiña

martes, 31 de marzo de 2020

Proposta de actividade para O día do Autismo 💙

Ola a todos e todas!!!

O próximo xoves día 2 de abril celébrase o día do Autismo, e para conmemoralo, dende a biblioteca do cole porpoñémosvos esta actividade para todas as familias "Un selfie polo autismo💙💙

Para participar, os nenos e nenas deben debuxar un globo azul (símbolo do autismo) e engadir unha mensaxe dentro. Despois sacaranse un selfie co debuxo, pode participar toda a familia!!

Facede chegar as fotos a traveso dos números de WhatsApp do cole, correos electrónicos ou publicádeas na páxina de Facebook mencionando ao cole. O último día para participar é mañá mércores 1 de abril, para que aos profes lles dea tempo a organizar os traballos e publicalos todos xuntos o xoves día 2. 

Animádevos familias, cantos máis participantes moito mellor!!! 💙

Un saudiño,

A Xoaniña Maruxiña

💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙



lunes, 30 de marzo de 2020

Canles e lecturas recomendadas

Ola nenos e nenas:

Comeza unha nova semana na casa e, dende a biblioteca, quero deixarvos algúns recursos para que teñades acceso a moitísimos libros e  contos dende os vosos fogares.

Hai moitísimas plataformas abertas neste momento para ler de forma gratuita, eu hoxe recoméndovos a seguinte:


Esta é a plataforma de catálogo das bibliotecas de galicia. Agora mesmo teñen a disposición de todo o mundo de forma gratuita todos os libros dixitais que teñen en tódalas bibliotecas galegas. Podedes darvos de alta na páxina e comezar a ler o que máis vos guste!!

Tamén resulta moi interesante estoutra páxina de libros infantís gratuitos:


Ademais quero recomendarvos esta canle de Youtube da Editorial Kalandraka, na que hai contacontos diarios de libros infantiles moi divertidos!!


Espero que vos gusten e que vos axuden a pasar mellor o tempo estes días de confinamento. 

Un saúdo e moitísimo ánimo a todos e todas,

A Xoaniña Maruxiña