viernes, 2 de diciembre de 2022

Semana da ciencia

Un ano máis, durante o mes de novembro, os nosos alumnos traballaron e aprenderon na Semana da Ciencia de forma conxunta con moitos exercicios e sobre todo moitos experimentos postos en práctica.


En infantil fixeron experimentos con xeo, onde os cativos descubriron como se derrete máis rápido o xeo co sal. Tamén coñeceron, a través de dous experimetos con auga, ovos e cenorias, cousas moi interesantes sobe as células e o ADN.











En primaria foron moitos os experimentos realizados.

En primeiro traballaron os campos magnéticos e as densidades dos líquidos.

En segundo fixeron varias tarefas con lume e auga.

En cuarto e sexto traballaron as reaccións químicas, neste caso vivindo a erupción dun volcán. Tamén visionaron como funciona unha lámpada de lava.











En quinto tiveron a posibilidade de fabricar os seus propios papaventos.







viernes, 25 de noviembre de 2022

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Ola rapaces e rapazas!!

Ao longo da pasada semana celebramos no cole o Día da eliminación da violencia contra a muller 💜 💜, e para iso os nenos e nenas do cole San Fermín fixeron moitas actividades diferentes.

Visitaron a nosa biblioteca para lecturas relacionadas con esta data tan importante. Libros coma Arturo e Clementina, Brancaneves e os 77 ananiños, ou o vídeo conto de ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? triunfaron nestas datas.


Como resultado do traballo contamos con diferentes murais e manualidades, a continuación deixámosvos algunhas delas. 










Ademais, o propio día, as alumnas e alumnos de Primaria, fixeron unha andainda pola sende verde para reivindicar a importancia desta data.







Encantoume o seu traballo, e a vós?


Unha fortísima aperta dende a biblio do cole, 


A Xoaniña Maruxiña

lunes, 31 de octubre de 2022

Samaín

Que datas tan especiais! Tras o día da biblioteca, durante o resto de semana celebramos o Samaín e como non, a biblio estivo do máis transitada. Nenos, nenas e profes buscaron historias de medo para poder celebrar este día... Estos son algúns dos libros que se utilizaron:




Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial: unha meiga contou "Como mola tu escoba" aos nenos e nenas de 6º de Infantil!!







E coma sempre no propio día de Samaín a biblioteca non estivo de lado: 

Escapes rooms, disfraces, películas, xogos do espazo fedelleiro, contos de medo... que gran día!!


















Pasámolo de medo!!!!


Unha aperta

Xoaniña Maruxiña

lunes, 24 de octubre de 2022

Día da biblioteca

 Hola a todos e todas!!


Como cada ano por estas datas, celebramos un día moi moi moi especial para min: O día nacional das bibliotecas escolares!!


Este ano deixaronme un poco soa pero non estou triste porque foi por un bo motivo: Tódolos cursos do cole desde Infantil a Primaria visitaron a maravillosa biblioteca pública Juan Compañel!!

Alí os nosos pequen@s coñeceron como funciona unha biblioteca pública a través de xogos, vídeos e por suposto, deixáronnos un rato para poder gozar de moitos libros espectaculares que tiñan alí para consultar.


 Foi unha experiencia de 10!!!














Biblioteca de pais e nais

 Ola a todo o mundo!!


Por un día non imos falar dos traballos e actividades dos máis cativos, senon que quero dirixirme aos adultos de cada casa: pais, nais, avoas, tíos...


Por se alguén anda despistad@, hoxe queremos falar dunha parte da nosa querida biblio adicada a educación  dos nenos e nenas de cada casa e que por suposto, está a vosa disposición sempre que queirades.


Contamos con títulos adicados a temas de actualidade, redes sociais, matemáticas ABN, educación emocional...


Se estades interesados en que vos prestemos algún libro, só tedes que falar co titor/a do voso fill@ e podedes  contar con el durante 2 semanas.


Algúns dos títulos que temos no noso catalogo son os seguintes:


"Escuela de padres: educación positiva para enseñar a tus hijos"

"El niño que habla: el lenguaje oral en preescolar"

"Educar con inteligencia emocional"

"Del fracaso al éxito escolar: una guia para potenciar el exito del estudiante"

"Estimular las inteligencias múltiples"

"Niños optimistas"

"Edúcame bien: 100 respuestas para madres y padres preocupados"

"Cando os nenos din basta"

"El pequeño dictador: cuando los padres son las victimas"

"Plantando semillas: el mindfulness con niños"

"Entrénalo para la vida"

"Empantallados"

"Gramática de la fantasía"

"Niño al que se le olvidó como mirar"

"Vitamina N"

"Enseñar, un viaje en comic"

"¡Padres alerta! Seguridad de los menores en internet"

"Niños desobedientes, padres desesperados"

"Educar entre dos"

"Consejos de padres a padres"

"La alegría de educar"

"Desconecta"

"A psicoloxía infantil e a nova educación"










Calquera cuestión non dubidedes en preguntarnos.


Unha aperta


Xoaniña Maruxiña