viernes, 15 de noviembre de 2019

Voluntarios da biblioteca


Ola a todos e todas!

A semana pasada Sheila, Laura, Yanira e Alba, explicáronlles aos nenos e nenas de 5º o funcionamento da biblioteca (como  ordenar os libros, anotar no ordenador os empréstitos e devolucións...), xa que elas, durante o curso pasado, formaron parte do voluntariado da nosa biblio. 

Deste xeito, animaron a todos e todas, neste novo curso, a formar parte da plantilla de voluntarios e voluntarias que botarán unha man na xestión da biblio.












Unha vez rematada a charla, formáronse os grupos para axudar neste curso.






Moitas grazas a todos e todas por botarnos unha man!


A Xoanina Maruxiña


jueves, 14 de noviembre de 2019

Os mestres e as mestras fórmanse en Radio Escolar!!

Ola a todos e todas:

Quero dedicar esta nova entrada de blog a todo o persoal docente do cole, pois estes días asistiron a miña biblioteca a unha formación en Radio Escolar para poder utilizala de forma satisfactoria cos nenos e nenas na aula. 



Esta sección, que inauguramos o ano pasado na nosa biblio, ofrece moitísimas posibilidades á hora de traballar proxectos pasando pola investigación, redación, oratoria, e moitos aspectos máis. 

Agardo moitas máis visitas a esta sección da nosa biblio a partir de agora, que ganiñas!!

Un saudiño,


A Xoaniña Maruxiña

viernes, 8 de noviembre de 2019

Samaín

Ola a todos e todas 👾👻!!

Nesta data tan sinalada houbo moito tránsito na nosa biblioteca, pois contáronse historias e relatos relacionados con estas datas.

Éstes son algúns dos libros que se utilizaron:







En Educación Infantil fíxose un contacontos de medo.
Ademáis os nenos e nenas de Educación Primaria participaron nun conto motor terrorífico!! Pasárono xenial!!










Os nenos e nenas de terceiro, fixeron unha pequena representación de Samaín con marionetas.




E por último, os nenos e nenas maiores do cole, adentráronse no xa tradicional túnel do terror para coñecer unha nova historia interactiva de Samaín.


Un saúdo desde a biblio do cole!

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 31 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA

Bos días a todos e todas!!!

día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a Biblioteca Pública Juan Compañel, situada no Casco Vello de Vigo





Os nenos e nenas de Educación Primaria fixeron tamén diversas actividades: 

En primeiro e segundo fixéronse visitas á biblio para traballar a formación de usuarios (coñecer as normas da biblioteca, os diferentes rincóns...) 









Na clase de primeiro potenciouse o hábito lector grazas á elaboración de un lectómetro:










*Na clase de segundo fixeron un marcapáxinas:








*Nas clases de terceiro e cuarto fixeron unha pescuda do tesouro na que ademáis de divertirse, coñeceron as diferentes seccións da biblioteca.











*E por último, os alumnos de 6º recibiron a formación de usuarios (como ordenar e gardar os libros, normas...) e nos próximos dias, un pequeno grupo de alumnas de 6º formarán ós nenos e nenas de 5º de Primaria, para organizar xuntos o grupo de voluntarios que axudarán ós profes na organización da biblioteca neste curso.


Este 24 de outubro foi un gran día para o noso cole, e dende ese día a presenza de lectores na biblioteca é moito maior 😃😃😃

Espero que todos sigan visitándome así de a miúdo.

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 18 de octubre de 2019

Novidades

Ola a todos e todas: 

Xa estamos de cheo neste novo curso 2019/2020 e coa biblioteca funcionando a toda máquina!

Víchedes as novas que temos na nosa querida biblioteca?

Por se non sodes observadores, cóntovos por aquí, tódolos cambios que fixemos.

Bookflix: Puxemos un panel con recomendacións, os libros máis lidos e os libros novos que achegamos a biblioteca.



Bibliorecreos de chuvia: A partir deste curso, xa poderemos utilizar a biblioteca nos días que chova e así poder disfrutar dos diferentes espazos que temos a vosa disposición.



Buzón de suxerencias: Na entrada da biblio, puxemos un buzón onde poderedes suxerirnos algún título que non teñamos.



E polo momento é todo pero prometemos seguir actualizando o noso espazo favorito do cole!

Un saúdo

A Xoaniña Maruxiña 

viernes, 11 de octubre de 2019

Ciencias na Biblio

Boas pequenos e pequenas:

A entrada de blog de hoxe está dedicada ao alumnado de sexto curso de primaria, que acude regularmente a visitarme na biblioteca tódalas sesións de ciencias naturais, pois están traballando en proxectos de pescudas de información dos contidos desta área en diferentes soportes.

De primeira man vos digo que están aprendendo moitísimo e que fan un moi bo uso do recuncho da información e do da investigación documental.




Espero que volvan moi pronto!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 23 de septiembre de 2019

Comezo do curso

Ola a todos e todas: 

Espero que o inicio do curso 2019/2020 esté sendo xenial! Como vedes, a biblioteca segue pechada pero non teñades présa porque...abrimos a próxima semana! O 1 de outubro volverá a estar a vosa disposición para coller libros, xogar no espazo fedelleiro e ver as nosas novidades para este novo curso.

De tódalas formas o blog segue estando dispoñible para calquera consulta, dúbida ou recomendación.

Agradezo moito a vosa paciencia e vos prometo que a espera valerá a pena!!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña