Ola a todos e todas!
A semana pasada Sheila, Laura, Yanira e Alba, explicáronlles aos nenos e nenas de 5º o funcionamento da biblioteca (como ordenar os libros, anotar no ordenador os empréstitos e devolucións...), xa que elas, durante o curso pasado, formaron parte do voluntariado da nosa biblio.
Deste xeito, animaron a todos e todas, neste novo curso, a formar parte da plantilla de voluntarios e voluntarias que botarán unha man na xestión da biblio.
Unha vez rematada a charla, formáronse os grupos para axudar neste curso.
Moitas grazas a todos e todas por botarnos unha man!
A Xoanina Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario