viernes, 10 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 2 🐞

Boas nenos e nenas !!

Esta foi a segunda semana de Recreos Temáticos na nosa biblioteca, e tivemos actividades moi interesantes!!


Luns 6 de maioobradoiro de espazo fedelleiro no que se explicaba como xogar aos diferentes xogos didácticos cos que conta a nosa biblioteca, orientada a nenos e nenas de 3º de Educación Primaria. 

Martes 7 de maioobradoiro de filmografía cun Kahoot! para 5º e 6º. As pescudas de información foron moi interesantes e gustaron moito. 

Mércores 8 de maio: obradoiro musical coa miña canción, a da Xoaniña Maruxiña!! Participaron os nenos e nenas de 1º e 2º.  

Xoves 9 de maio: arte e grafomotricidade cos máis peques do cole, os nenos e nenas de Educación Infantil.

Venres 10 de maio: obradoiro de papiroflexia. Creamos divertidos marcapáxinas cos nenos e nenas de 3º e 4º.


A continuación algunhas fotografías e vídeos destas actividades. Que ben o pasaron!!

Recreos temáticos 2

Que ganas de ver o que nos espera a próxima semana!

Unha forte aperta, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

domingo, 5 de mayo de 2019

Recreos temáticos semana 1 🐞

Ola a todos e todas !!

Comeza o mes de maio e con el unha novidade na nosa biblioteca: os recreos temáticos!!

Cada recreo deste mes os mestres e mestras ofertarán diversas actividades para realizar en grupos reducidos.

Esta semana houbo comezamos con dúas actividades moi interesantes:

Xoves 2 de maio: formación específica a usuarios de 4º  de Educación Primaria orientada a futuros voluntarios da biblioteca. 

Venres 3 de maio: obradoiro de escornabots cun xogo de pregunta-resposta para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. 


 


Que ben o pasaron!!

Estou desexando ver o que os mestres teñen preparado para a próxima semana!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞

viernes, 26 de abril de 2019

Semana do libro día 4 📕

Ola!! 🐞🐞

Rematou xa a semana do libro, e hoxe as diferentes clases fixeron moitas actividades!

Coma todos os anos, os nenos e nenas de todo o cole participaron nun mercadillo de libros, estas son algunhas fotos:

MERCADILLO DE LIBROS


Os nenos e nenas de segundo remataron os seus traballos e fichas sobre os seus libros favoritos.



Temos tamén varios programas de radio que prepararon os nenos e nenas de 5º para festexar o día do libro.



Espero que disfrutárades tanto coma min coas actividades propostas esta semana!!

Agárdovos, coma sempre, na biblioteca do cole.

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña 

jueves, 25 de abril de 2019

Semana do libro día 3 📙

Boas tardes a todos e todas!! 😊😊

Neste terceiro día da semana do libro temos algunhas novas!

A primeira que xa está dispoñible para visualizar o libro viaxeiro de receitas do mundo no que participou todo o cole, que boa pinta!!


LIBRO VIAJERO RECETAS
Ademáis algunhas alumnas de 5º, voluntarias na biblioteca escolar, acudiron á guardería Patucos a representar o conto: "La ovejita que vino a cenar". Fixérono moi ben, foi unha gran experiencia que queremos volver repetir!








Xa queda soamente un día da nosa semana adicada aos libros e a lectura, pero todavía quedan moitas cousas por facer!!

Vémonos pronto!!



A Xoaniña Maruxiña 

miércoles, 24 de abril de 2019

Semana do libro día 2 📘

Boas nenos e nenas!! 😉

Seguimos traballando e festexando o día do libro no cole e na nosa biblioteca!!

Continuamos cos traballos que comezamos onte en diversas clases e xa temos algunhas imaxes do bingo de lectura!













Tamén temos lista unha das actividades que se propuxeron para todo o cole, o xa tradicional concurso guapos lectores, que difícil vai ser escoller este ano!



A maiores, incorporamos novas estanterías e distribuimos as seccións de lectura de forma diferente na nosa biblioteca, animámosvos a visitala!!

Ademáis contamos con novos fondos tanto de documentación coma de lectura, eu recoméndovos: 



Agárdovos na biblioteca!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

martes, 23 de abril de 2019

Semana do libro día 1 📗

Ola a todos e todas!! 😊😊

Hoxe,  coa volta de vacacións, comezamos  a celebrar a semana do libro na nosa biblioteca!!

Para festexala comezamos a traballar diferentes actividades nalgunhas clases coma a creación de marcapáxinas, de fichas de libros e o bingo da lectura!!


 












Ademáis comezamos uns obradoiros de apadriñamento lector dos alumnos de 6º curso cos de 5 anos, que se prolongarán ata final do curso escolar. 

Vos deixo a continuación algunhas fotos desta actividade.


APADRINAMIENTO LECTOR

Espero que vos gustasen!!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña 

sábado, 13 de abril de 2019

Na pescuda dos ovos de pascua!! 🐰🐰

Boas a todos e todas!!!

Para celebrar o último día antes das vacacións e da Pascua, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria participaron nunha actividade moi divertida. 

Nela tiñan que percorrer diferentes sitios do colexio ata completar tódalas pistas e conseguir o seu preciado tesouro: os ovos de pascua!! 🐰🐰

Na nosa biblioteca tamén tiveron parada para resolver un problema matemático coa táboa de sumar e restar, e cos escornabots. 

Pasárono xenial!!

A continuación algunhas fotos do xogo:

Pascua 1º y 2º

Espero que vos gustasen.

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña