sábado, 13 de abril de 2019

Na pescuda dos ovos de pascua!! 🐰🐰

Boas a todos e todas!!!

Para celebrar o último día antes das vacacións e da Pascua, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria participaron nunha actividade moi divertida. 

Nela tiñan que percorrer diferentes sitios do colexio ata completar tódalas pistas e conseguir o seu preciado tesouro: os ovos de pascua!! 🐰🐰

Na nosa biblioteca tamén tiveron parada para resolver un problema matemático coa táboa de sumar e restar, e cos escornabots. 

Pasárono xenial!!

A continuación algunhas fotos do xogo:

Pascua 1º y 2º

Espero que vos gustasen.

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

No hay comentarios:

Publicar un comentario