jueves, 25 de octubre de 2018

Día da Biblioteca

Bos días a todos e todas!!!

O día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil chegaron aquí para escoitar con moita atención un contacontos do libro "El monstruo de colores", co que comezaban un novo proxecto das emocións.





Ademáis, tamén fixeron un bonito mural:




Os nenos e nenas de Educación Primaria fixeron tamén diversas actividades: 

* En primeiro e terceiro fixéronse visitas á biblio para traballar a formación de usuarios:






* Na clase de segundo potenciouse o hábito lector grazas á elaboración de un lectómetro:






*Na clase de cuarto fixeron un gran mural sobre os libros que recomendaban os alumnos:

Día Biblioteca 4º


* E nos últimos cursos formáronse equipos de Voluntariado na Biblioteca:






Este 24 de outubro foi un gran día para o noso cole, e dende ese día a presenza de lectores na biblioteca é moito maior 😃😃😃

Espero que todos sigan visitándome así de a miúdo.

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 1 de octubre de 2018

Reapertura da Biblio!!

Ola a todos e todas!!

Para comezar o mes de outubro comezamos cunha gran noticia: a reapertura da biblioteca do cole!!!

Espero que todos e todas a frecuentedes, e que atopedes todo o que busquedes! Lembrade todas as cousas que podedes facer aquí:







Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Comeza o curso!!!

Ola a todos e todas: 

Comeza o curso 2018/2019 e entristéceme comunicarvos que a biblioteca estará pechada ata o mes de outubro por mor dunhas reformas que estivemos facendo este verán. 

De tódalas formas o blogue segue estando dispoñible para calquera consuta, dúbida ou recomendación.

Agradezo moito a vosa paciencia e vos prometo que a espera valerá a pena, está quedando moi bonita!!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

martes, 26 de junio de 2018

Escapo da Biblio

Ola a todos e todas!!

Rematamos o curso cunha actividade moi particular dende a nosa biblioteca: unha sesión de escapismo para os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria 😊😊

Fixérono xenial e todos conseguiron as pistas definitivas que se agochaban entre os libros, xogos, ordenadores... 

A continuación algunhas fotos da actividade.

Escapismo biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

sábado, 19 de mayo de 2018

Semana das letras galegas

Ola a todos e todas!!

Ao longo desta semana todo o cole traballou sobre o día 17 de maio, o día das letras galegas, que este ano está adicado a María Victoria Moreno. 

Todos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca a facer actividades interactivas, a buscar contos ou libros desta autora, a pescudar información... 

Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro creativo dos nenos de Educación Infantil que retrataron á homenaxeada, a caricatura que fixeron entre as clases de 3º e 4º de Educación Primaria e a obra teatral de guiñol  adaptando o conto "O cataventos" que fixeron os alumnos e alumnas de 6º e que representaron a todo o cole en diferentes pases. Todas as actividades quedaron moi ben!!!


Caricatura de María Victoria Moreno


Obra adaptada "O cataventos"

Espero que vos gustasen tanto coma a min esas actividades. 

Un saúdo!!

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 16 de mayo de 2018

Visitamos a Biblioteca Xosé Neira Vilas

Ola a todos e todas!!

Para celebrar un dos días máis importantes da nosa comunidade, o día das letras galegas, os nosos alumnos visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí puideron  escoitar algúns contos e participar en diversos xogos.
Outro obxectivo era establecer lazos entre a Biblioteca do noso cole e as Bibliotecas Públicas da zona. 



Pasárono moi ben e aprenderon un montón!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

martes, 1 de mayo de 2018

Contacontos entre Nós!!

Bos días a todos e todas!!

Hoxe gustaríame contarvos unha nova iniciativa que acontece na nosa biblioteca e xurde dende a aula de 5 anos. 

Dende hai un par de semanas os nenos e nenas de esta clase acuden á Biblioteca e ocupan o recuncho de lecer para ler os seus contos favoritos aos seus compañeiros e amigos. 😄😃😁

Unha iniciativa marabillosa que aos nenos lles encanta e que fomenta a utilización da biblioteca e a lectura!!

Contacontos entre Nós

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña