Ola a todos e todas!!
Ao longo desta semana todo o cole traballou sobre o día 17 de maio, o día das letras galegas, que este ano está adicado a María Victoria Moreno.
Todos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca a facer actividades interactivas, a buscar contos ou libros desta autora, a pescudar información...
Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro creativo dos nenos de Educación Infantil que retrataron á homenaxeada, a caricatura que fixeron entre as clases de 3º e 4º de Educación Primaria e a obra teatral de guiñol adaptando o conto "O cataventos" que fixeron os alumnos e alumnas de 6º e que representaron a todo o cole en diferentes pases. Todas as actividades quedaron moi ben!!!
Caricatura de María Victoria Moreno
Obra adaptada "O cataventos"
Espero que vos gustasen tanto coma a min esas actividades.
Un saúdo!!
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario