Ola a todos e todas!!
O pasado xoves 11, na semana do Entroido, tamén festexamos no cole o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para iso, aportamos dende a biblio ás clases moitos libros do apartado 92 (biografías) que podedes atopar nas recomendacións.
Nas diferente clases traballáronse mulleres históricamente representativas na ciencia, coma Ada Lovelace, Rita Levi-Montalcini, Hedy Lamarr, Marie Curie, Hipatia...
E os nenos e nenas realizaron diversos obradoiros, coma por exemplo un de experimentos ou un de creación de inventos.
Foi un día fantástico para desfrutar, conmemorar a grandes mulleres, e ofrecer posibilidades ás nosas nenas.
Un saúdo familias,
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario