Ola a todos e todas!!
O pasado venres 17 de maio todo o cole traballou sobre o día das letras galegas, que este ano está adicado a Antón Fraguas.
Todos os nenos e nenas pasaron pola biblioteca a facer actividades interactivas, murais, a pescudar información...
Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro de radio dos nenos e nenas de 1º e 2º "A riqueza da nosa lingua" no que traballaron con expresións coloquiais galegas, e a xa tradicional caricatura que fixeron entre varias clases de 3º e 4º de Educación Primaria. Todas as actividades quedaron moi ben!!!
Espero que vos gustasen tanto coma a min estas actividades.
Un saúdo!!
A Xoaniña Maruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario