lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Boas familias! 


Hoxe luns 17 de maio é o día das Letras Galegas 📜📜 e este ano está dedicado a Xela Arias Castaño. 

Desde o equipo de normalización lingüística, aportáronnos diferentes opcións con moitas actividades por curso para traballar sobre esta autora. 









Tamén coordinaron a elaboración dunha bandeira moi especial da nosa terriña, con fotos de todos os que formamos esta gran familia, que é o noso colexio. 

O resultado non pode ser máis marabilloso.😍
🅰🅼🅾   🅾   🅶🅰🅻🅴🅶🅾


unha aperta,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 🌷📕

Ola outra vez!!

Hoxe é o Día do Libro e tamén é Sant Jordi e a tradición di que se ten que intercambiar unha flor por un libro.

Nós non queriamos ser menos e como estamos en primavera e quero que a nosa amada biblioteca sexa a máis bonita do mundo, esta semana propúxenvos un trato:

Unha flor feita a man a cambio dun libro.


E aquí tedes o resultado... a biblioteca quedou preciosa!!







Déíxovos tamén as fotos de tódolos participantes recibindo o seu libro.


Día do libro



Moitísimas grazas polo voso tempo!


Unha aperta,


A Xoaniña Maruxiña

SEMANA DO LIBRO 📙📘📗

Ola rapaces e rapazas!  

Esta semana foi unha das máis especiais para @s que coma eu, somos amantes da lectura... estivemos ante a semana do libro!

Nesta ocasión, os cinco días estiveron dedicados a un proxecto común a todo o cole, xa que cada curso preparou unha interpretación dun conto para expoñelo a través dun "Kamishibai".

Os preguntaredes...que é iso do "Kamishibai"?

Literalmente significa "drama de papel" e é unha forma de contar historias orixinada nos templos budistas de Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban pergamiños con imaxes á vez que narraban as historias.

Agora que xa todos sabemos que é, cóntovos como traballamos:

LUNS: Traballouse o conto escollido en cada clase e repartíronse tarefas (uns encargábanse de debuxar as escenas, outros de narrar ou as dúas cousas á vez).

MARTES: Comezouse coa realización das escenas e o ensaio da lectura.

MÉRCORES: Plastificáronse as escenas e fixéronse ensaios xerais.


XOVES/VENRES: Comezaron as gravacións no pequeno teatro que deseñouse para tan especial ocasión (Moitas grazas a Pablo e Yoli (papis de Emma) polo voso traballo!).



Tedes curiosidade polo resultado?? Pois aquí os tedes, espero que os desfrutedes tanto coma eu!



4º de Infantil


5º de Infantil 


6º de Infantil


1º de Primaria


3º de Primaria

    
4º de Primaria


5º de Primaria


6º de Primaria


E pese a que os nenos e nenas de 2º de Primaria tiveron que estar uns días na casa sen vir ao cole, iso non foi motivo para deixar de traballar. Estiveron facendo diferentes actividades online e fixeron unha pequena presentación dos seus libros favoritos.






Aínda quedan máis sorpresas que publicaremos na seguinte entrada...permanecede atent@s!


Unha aperta moi forte,


A Xoaniña Maruxiña

jueves, 22 de abril de 2021

LIBRO VIAXEIRO

Ola familias!!

Aproveitando que estamos na semana do libro e que no curso pasado quedáranos pendente... Quero presentarvos o libro viaxeiro da clase de terceiro!!

Xa está rematado!!! 

Noraboa a todos os nenos e nenas, fixéchedes moi bo traballo 😍😍

Grazas a este libro poderemos viaxar a moitos lugares do mundo: París, Colombia, Venezuela, As Illas Cíes, Senegal... e moitos máis lugares preciosos!! 

Para todos aqueles que queirades lelo, estará na nosa biblioteca 😊



Un saúdo a todos e todas!!


A Xoaniña Maruxiña


viernes, 2 de abril de 2021

Día mundial do Autismo

 Hoxe, día 2 de abril, queremos celebrar todos xuntos o Día do Autismo 💙 . 

Cada aula fixo un collage con fotos enviadas polas nosas familias para publicar nos respectivos blogs. Grazas a todos por colaborar.

Os mestres tamén quiseron colaborar para amosar o noso cariño a estes alumnos. Aquí tedes o resultado 😍😍





domingo, 28 de marzo de 2021

Reconquista de Vigo

 Ola rapaces e rapazas:


Hoxe, 28 de marzo, celébrase en Vigo a nosa Reconquista. Este ano conmemoramos que hai 212 os vigueses expulsamos aos franceses de Vigo con moitísima valentía. 

Aínda que este ano non podemos gozar das celebracións desta festa, na biblio e no cole San Fermín fixemos actividades para coñecer un pouquiño máis da nosa historia.

En primeiro lugar, todos os cursos traballaron a historia da nosa Reconquista co conto propio dos Bolechas (sección 94 da nosa biblio), e tras esta narración fixeron un collage proposto polo equipo de dinamización da lingua galega.




A maiores, aproveitando a proximidade do día da Poesía, os nenos e nenas de quinto e sexto curso inventaron e gravaron un vídeo cun poema dedicado a esta festividade.




Un saúdo moi afectuoso, 


A Xoaniña Maruxiña 🐞



miércoles, 24 de marzo de 2021

Biblioteca para nais e pais

Ola a todo o mundo!!


Por un día non imos falar dos traballos e actividades dos máis cativos, senon que quero dirixirme aos adultos de cada casa: pais, nais, avoas, tíos...


Por se alguén anda despistad@, hoxe queremos falar dunha parte da nosa querida biblio adicada a educación  dos nenos e nenas de cada casa e que por suposto, está a vosa disposición sempre que queirades.


Contamos con títulos adicados a temas de actualidade, redes sociais, matemáticas ABN, educación emocional...


Se estades interesados en que vos prestemos algún libro, só tedes que falar co titor/a do voso fill@ e podedes  contar con el durante 2 semanas.


Algúns dos títulos que temos no noso catalogo son os seguintes:


"Escuela de padres: educación positiva para enseñar a tus hijos"

"El niño que habla: el lenguaje oral en preescolar"

"Educar con inteligencia emocional"

"Del fracaso al éxito escolar: una guia para potenciar el exito del estudiante"

"Estimular las inteligencias múltiples"

"Niños optimistas"

"Edúcame bien: 100 respuestas para madres y padres preocupados"

"Cando os nenos din basta"

"El pequeño dictador: cuando los padres son las victimas"

"Plantando semillas: el mindfulness con niños"

"Entrénalo para la vida"

"Empantallados"





Calquera cuestión non dubidedes en preguntarnos.


Unha aperta


Xoaniña Maruxiña