lunes, 24 de febrero de 2020

Día de Rosalía de Castro 😃

Ola pequenos e pequenas!! 😄😃

Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. Para iso moitas das clases visitaron a biblioteca e traballaron con diferentes seccións do recuncho da información.
Traballaron con biografías, libros da autora, e diversas adaptacións da sección de poesía e música. 

Ademais recabaron moita información para utilizala posteriormente na semana da prensa, traballaron un montón!!

Estes son algúns dos libros que usaron:







Anímovos a que os levedes empresatados!!

Pasárono moi ben!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 21 de febrero de 2020

O Entroido

Ola rapaces e rapazas!! 😃😃

Como xa sabedes, semana celebrouse no noso cole o Entroido e o eixe central da gran comparsa deste venres estivo moi relacionada coa nosa biblio... Tendo como referencia o noso Espazo Fedelleiro a temática foi  foi OS XOGOS DE MESA

Todos os mestres e mestras acudiron coa súa clase a nosa biblioteca para escoller xogo, xogar e documentarse sobre coma facer o disfrace, e os resultados foron espectaculares!!!

Coma todos os anos a biblioteca foi núcleo de todas as elaboracións. 

Estas son algunhas fotos da gran comparsa:

Entroido Biblio

Un saúdo dende a nosa biblioteca!

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz e a Non Violencia 🕊️

Boas rapazada!!

Hoxe celebramos no cole o día da Paz e a Non Violencia 🕊️. Para iso tódolos nenos do cole fixeron moitas actividades, pero este ano todo o cole participou no "Tren da paz" e nas "Mensaxes para a paz", dúas actividades de convivencia que decorarán os nosos corredores ata o fin de curso escolar.

Aquí algunhas fotos das elaboracións e o resultado final:


Día de la paz biblio


Non esquezades ver as recomendacións e vir pola biblioteca a desfrutar desas lecturas!!💗💗

Unha forte aperta,

A Xoaniña Maruxiña


miércoles, 22 de enero de 2020

Intercambio Postal

Bos días chicos e chicas!!

Esta entrada de blog quero dedicarlla ao alumnado de terceiro de primaria, que está participando nun Intercambio Postal con outro centro da comunidade autónoma de Cantabria!!

Gústame moitísimo esta actividade, porque ademáis de traballar a escritura facemos novos amigos!!

Vos deixo aquí algunhas fotos da elaboración das cartas e da recepción da primeira correspondencia:














Que ganiñas de continuar con esta bonita iniciativa!!

Un saúdo dende a biblioteca

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 10 de enero de 2020

Postais de Nadal

Ola a todos e todas: 

Hoxe gustaríame facer referencia ao traballo dos pequenos e pequenas de primeiro e segundo curso de Educación Primaria, que para festexar estas festas quixeron enviar aos seus compañeiros e compañeiras correspondencia de Nadal cunhas postais realizadas por eles !!!

As profes pedíronlles as familias que sacasen fotos da recepción das postais na súa casa para a volta poder facer este fermoso libro de recordos, que está exposto na biblioteca para pais do noso cole!






Saudiños dende a biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 23 de diciembre de 2019

Nadal

Ola a todos e todas!!

Estamos nunhas datas moi especiais.... o Nadal! Son días de moita festa e sobre todo, moita ledicia por parte de tódolos nenos e nenas. O colexio non parou de traballar: manualidades, murais, traballos.... todo relacionado con esta época do ano.

Os nenos e nenas participaron no xa tradicional concurso de postais. Estas son as premiadas deste ano, que bonitas!!





Para que todo o mundo poda saber todo o que festexamos e fixemos, realizamos esta pequena reportaxe, da man dos chicos e chicas de sexto curso.


Ademáis, coma sempre, nos blogs de cada aula podedes atopar máis fotos e detalles de tódalas actividades feitas nestas datas.

Gustaríanos felicitarvos as festas dunha forma moi especial, coma fixeron os nenos e nenas de primeiro de primaria. 








De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊



martes, 3 de diciembre de 2019

Magosto

Ola a todos e todas 😁😁

Nesta época de outono o cole celebra por tódolo alto unha gran festa: O Magosto!!!

Dende a nosa biblioteca sumámonos á celebración propoñendo diferentes actividades como a que fixeron os nenos e nenas de primeiro e segundo coa creación dun estupendo mural. 



Ademáis culminamos o día cunha gran festa de convivencia, escoitando música popular e recibindo castañas do noso particular castañeiro. Que ben o pasamos!!