lunes, 23 de diciembre de 2019

Nadal

Ola a todos e todas!!

Estamos nunhas datas moi especiais.... o Nadal! Son días de moita festa e sobre todo, moita ledicia por parte de tódolos nenos e nenas. O colexio non parou de traballar: manualidades, murais, traballos.... todo relacionado con esta época do ano.

Os nenos e nenas participaron no xa tradicional concurso de postais. Estas son as premiadas deste ano, que bonitas!!

Para que todo o mundo poda saber todo o que festexamos e fixemos, realizamos esta pequena reportaxe, da man dos chicos e chicas de sexto curso.

Ademáis, coma sempre, nos blogs de cada aula podedes atopar máis fotos e detalles de tódalas actividades feitas nestas datas.

Gustaríanos felicitarvos as festas dunha forma moi especial, coma fixeron os nenos e nenas de primeiro de primaria. 

De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊

martes, 3 de diciembre de 2019

Magosto

Ola a todos e todas 😁😁

Nesta época de outono o cole celebra por tódolo alto unha gran festa: O Magosto!!!

Dende a nosa biblioteca sumámonos á celebración propoñendo diferentes actividades como a que fixeron os nenos e nenas de primeiro e segundo coa creación dun estupendo mural. 

Ademáis culminamos o día cunha gran festa de convivencia, escoitando música popular e recibindo castañas do noso particular castañeiro. Que ben o pasamos!!

lunes, 2 de diciembre de 2019

Campioas concurso de ciencias

Ola a todos e todas!! 😃😃

Rematou xa o mes de novembro, mes da ciencia, e con él o noso concurso de ciencias 💚.

Unha vez feito o reconto de respostas, a gañadora do concurso de ciencias foi Laura, seguida moi de preto por Florencia e Sabela.

Grazas a todos e todas por participar e noraboa as nosas campioas!!

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 29 de noviembre de 2019

Pregunta 8

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Aquí tendes a seguinte pregunta:

8) Cantos litros de sangue circulan polo corazón durante un día?

Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 28 de noviembre de 2019

Pregunta 7

7) Quen inventou o telescopio? Describe como era ese primer telescopio

Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Pregunta 6

Ola a todos e todas!! 😁

O mes de novembro tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo propoño un novo reto aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Cada día lectivo do que queda de mes preguntareivos algo relacionado coa ciencia, e vos teredes que contestalo nos comentarios da entrada do blog (lembrade facelo coa opción de anónimo e firmar co voso nome e curso nel!!). 

O alumno ou alumna que conteste máis preguntas correctamente será o gañador do concurso, e recibirá un premio moi especial!!

Para que as respostas sexan válidas terán que estar escritas en galego e contestar correctamente todas as partes da pregunta (podedes pescudar a información na nosa biblioteca, nos libros relacionados con ciencia ou utilizando os ordenadores e tabletas).

Ollo! Se atopades a resposta nun libro da biblioteca recibiredes un punto extra! Para iso, xunto coa resposta teredes que poñer a referencia do libro onde atopedes a resposta. Soamente recibirá este punto extra, a primeira persoa que o consiga.

Aquí tendes a seguinte pregunta:
6) Explica por qué xira unha peonza.

Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña

martes, 26 de noviembre de 2019

Día contra a Violencia de Xénero 💜

Ola nenos e nenas!! 💜💜

Esta semana celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero facendo moitas actividades diferentes!!

Dende contacontos a través da radio, muráis, traballos e cancións. Ademáis, case tódalas clases pasaron pola biblioteca para coller libros relacionados con esta data.

Estas son algunas fotos das sesións de traballo.

Violencia xénero biblio

Espero que vos gustasen tanto coma a min, estes nenos e nenas son uns artistas!!

Un saúdo dende a biblioteca

A Xoaniña Maruxiña