domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía de Castro

Ola nenos e nenas!! 👀😄😃

Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), e nesta ocasión os nenos e nenas do cole fixeron unha máscara de Rosalía e traballaron nas horas de música co libro e disco de Rosalía Pequena, o cal tomaron prestado da nosa biblioteca. 













Pasárono moi ben!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 13 de febrero de 2019

Radio Escolar 😄😄

Ola nenos e nenas!!

Aproveitando que hoxe 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio, inauguramos na nosa biblioteca unha nova sección: A Radio Escolar!!!

Para comezar con este innovador proxecto comezamos unha formación co alumnado voluntario da biblioteca escolar e con todo o profesorado.

A continuación algunhas fotos da actividade co alumnado.

Formación Radio

Esperamos que en breve poidamos dar uso deste novo recurso para seguir investigando, recollendo e publicando información tendo a nosa biblio coma fonte de recursos. 

Un afectuoso saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

martes, 5 de febrero de 2019

Día da Paz

Boas a todos e todas !! 😀

Con motivo do día da Paz, os nenos e nenas do cole fixeron moitísimas actividades: realizaron murais, pintaron banderíns con motivos da Paz, elaboraron un orixinal "Pazapalabra"... e o que máis me gustou: fixeron contacontos pola Paz!!! 💗💗

Cuentacuentos paz


Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron adaptacións de diferentes contos (con marionetas, teatro...) e representáronllelos aos nenos e nenas de Educación Infantil. Gustáronlles moitísimo!!




Espero que vos gustasen tanto coma min.

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 23 de enero de 2019

Curso de Primeros Auxilios

Bos días nenos e nenas!! 😃😃

Compláceme compartir con vos algunhas das fotos da xornada de Primeiros Auxilios que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º na nosa biblioteca. 





Dende aquí darlle as grazas a Eva, a nai de Martín, quen amablemente ofreceuse para impartir o curso. Foi moi interesante!!

Un saúdo a todos e todas,

A Xoaniña Maruxiña

sábado, 22 de diciembre de 2018

Bo Nadal!!

Ola a todos e todas !!!! 😊😊

Polo Nadal, no cole sempre hai moita axitación, e a nosa biblioteca non é unha excepción. 

Houbo moitas manualidades, murais e traballos relacionados con esta época do ano. 

Os nenos e nenas tamén participaron nun gran concurso de postais navideñas. 



E o mellor de todo... As nosas panxoliñas de Nadal!!! Que bonitas!!!😍😍






Nos blogues das aulas  podedes atopar máis fotos dos traballos e das festividades.

Non vos olvidedes na lista de regalos de pedir un libro... Estas son algunhas páxinas con recomendacións:




De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊






lunes, 3 de diciembre de 2018

Campioas do concurso: "Pescudamos na Ciencia"

Ola a todos e todas!! 😃😃

Rematou xa o mes de novembro, mes da ciencia, e con el o noso concurso "Pescudamos na ciencia 💚".

Tras unha exhaustiva análise das respostas o primeiro concurso da Biblioteca do cole San Fermín remata cun empate en primeira posición!!

Noraboa a Nuria e Laura de quinto polo seu logro!!!!  😊😊👍👍




Ademais, quería facer unha mención especial a Florencia, Narai, Martín, Ting Ting, Antía, Xiana, Sabela, Martina e Arantza por participar de forma tan activa no concurso. A vós tamén vos quero premiar cun detalliño pola vosa dedicación e interese. 




Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 

viernes, 30 de noviembre de 2018

Última pregunta. Pescudamos na Ciencia 💚


Ola a todos e todas!! 😊😊

Que gran emoción!! Chegou o día da última pregunta!! Como xa sabedes, este mes tamén é coñecido como o mes da Ciencia, e para festexalo os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron nun gran concurso!

O luns teremos os resultados definitivos, pero hoxe todavía queda unha última pregunta por responder.

Lembrade que tendes que contestar nos comentarios da entrada do blog, en galego, e coa opción de anónimo firmando co voso nome e curso nel!!


Aquí está a derradeira pregunta:

14) Explica que son as enerxías renovables pon dous exemplos.






Moita sorte a todos e todas!! 

A Xoaniña Maruxiña