sábado, 24 de febrero de 2018

Día de Rosalía de Castro

Ola a todos e todas!!

Hoxe é o día adicado á vida de Rosalía de Castro, e dende o cole quixemos facerlle as nosas peculiares homenaxes. Nalgúns cursos fixéronse lecturas dalgúns fragmentos da súa obra, traballos e PPT sobre a súa vida e outro tipos de traballos. 

Algúns exemplos son o cartel tipo retrato pop (Andy Warhol), ou o traballo da canción de Negra Sombra. Aquí algunhas fotos e enlaces para que teñades unha idea do gran traballo dos nosos nenos e nenas. 




Espero que vos gustasen  😊😊!!

Un saúdo dende a nosa biblioteca,

A Xoaniña Maruxiña

viernes, 23 de febrero de 2018

Apadriñamento lector

Ola a todos e todas!!

Dende hai un par de semanas, os nenos e nenas de sexto curso axudan na biblioteca aos de 5 anos na súa iniciación a lectura. É xenial porque están súper concentrados, tanto uns como outros. 


Para rematar os maiores contáronlles un conto... que ben o pasamos!!!

Apadrinamiento lector

Espero que vos gustasen as fotos, 

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 12 de febrero de 2018

Entroido no cole!!!

Boas a todos e todas!!!

Neste mes de febreiro as actividades do cole estiveron relacionadas coa celebración do Entroido.🙈😺

O meu amigo o Meco deu instrucións moi disparatadas todos os días da semana: ir en pixama ao cole, disfrazados de vellos, con accesorios na cabeza ou cara... 

E o venres celebrouse unha gran comparsa na que todo o cole desfilou pola rúa xunto con familiares, veciños e música temática do entroido.

Este ano os mestres e mestras do cole e os nenos e nenas visitaron a biblioteca en busca de ideas para os disfraces das comparsas deste ano, e finalmente decidiron traballar con diferentes contos nas clases, e elaborar cos alumnos e alumnas os disfraces nas clases.

Os cursos de Educación Infantil foron disfrazados de: Alicia no país das marabillas. 

Os primeiros tres cursos de primaria decidiron escoller: Os tres porquiños.

E os máis maiores, de 4º a 6º de Educación Primaria, foron caracterizados de: O mago de Oz. 


 O fin de festa foi unha merendola na que non faltaron doces típicos coma as filloas e as orellas.  

Aquí tendes algunhas fotos relacionadas coas actividades.


Entroido Biblioteca


Espero que vos gusten!!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña    

martes, 30 de enero de 2018

Día da Paz

Boas a todos e todas!!!

Hoxe celebrouse no cole o día da paz e a non violencia. Como non podía ser doutra manera fixéronse múltiples actividades dende a biblioteca. Aquí hai algunhas fotos delas. Espero que vos gusten!!


Paz Biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 21 de diciembre de 2017

Nadal en San Fermín

Bos días !!!! 😃😃

Polo Nadal, no cole sempre hai moita axitación, e a nosa biblioteca non é unha excepción. 

Houbo moitas manualidades, murais e traballos relacionados con esta época do ano. 


Pero o que máis me gustou... Foros as letras das nosas panxoliñas de Nadal!!! Que bonitas!!!😍😍

Nos blogues das aulas (enlaces da dereita) podedes atopar os vídeos das actuacións.

Non vos olvidedes na lista de desexos de pedir un libro... Estas son algunhas páxinas con recomendacións:



De parte de todo o cole San Fermín, e da miña parte, a Xoaniña Maruxiña... Bo Nadal!! 😊😊




jueves, 14 de diciembre de 2017

Correspondencia de xenxibre

Ola a todos e todas:

Dende a biblioteca queremos compartir con todos vos a gran experiencia de Educación Infantil a través dun proxecto organizado por 1, 2, 3 Teach no que se intercambiaron correspondencia por correo ordinario xunto con bonecos de xenxibre con outro centro de España: o CEIP Vicente Aleixandre de Córdoba. 

Ademáis fixeron o visionado do seguinte videoconto: "El hombre de jengibre".




E aquí tendes algunhas fotografías da actividade: QUE BEN TRABALLAN  😊😊😍



Jengibre 2017


Pos último os nenos e nenas realizaron unha visita a correos para aprender o funcionamento do correo ordinario e enviar a súa correspondencia. 



visita a Correos

Espero que vos gusten.

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

sábado, 25 de noviembre de 2017

Día contra a violencia de xénero

Ola a todos e todas!! 😄😄

Esta semana houbo moito movemento pola nosa biblioteca

Con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero (25 de novembro) moitos grupos de primaria acudiron a realizar traballos, murais e proxeccións. 

Na seguinte presentación están os resultados... QUE BONITOS!!!!😍😍


Violencia de género biblioteca

Este vídeo de Arturo e Clementina é perfecto para a explicación deste tema nas clases. O libro tédelo tamén la biblioteca a vosa disposición, na sección de Psicoloxía: Ética e Moral.





Déixovos tamén a película "No estás sola Sara" que viron os dous últimos cursos... Espero que vos guste. 



UN SAÚDO😃😃