lunes, 31 de octubre de 2022

Samaín

Que datas tan especiais! Tras o día da biblioteca, durante o resto de semana celebramos o Samaín e como non, a biblio estivo do máis transitada. Nenos, nenas e profes buscaron historias de medo para poder celebrar este día... Estos son algúns dos libros que se utilizaron:




Ademáis, esta semana tivemos unha visita moi especial: unha meiga contou "Como mola tu escoba" aos nenos e nenas de 6º de Infantil!!







E coma sempre no propio día de Samaín a biblioteca non estivo de lado: 

Escapes rooms, disfraces, películas, xogos do espazo fedelleiro, contos de medo... que gran día!!


















Pasámolo de medo!!!!


Unha aperta

Xoaniña Maruxiña

lunes, 24 de octubre de 2022

Día da biblioteca

 Hola a todos e todas!!


Como cada ano por estas datas, celebramos un día moi moi moi especial para min: O día nacional das bibliotecas escolares!!


Este ano deixaronme un poco soa pero non estou triste porque foi por un bo motivo: Tódolos cursos do cole desde Infantil a Primaria visitaron a maravillosa biblioteca pública Juan Compañel!!

Alí os nosos pequen@s coñeceron como funciona unha biblioteca pública a través de xogos, vídeos e por suposto, deixáronnos un rato para poder gozar de moitos libros espectaculares que tiñan alí para consultar.


 Foi unha experiencia de 10!!!














Biblioteca de pais e nais

 Ola a todo o mundo!!


Por un día non imos falar dos traballos e actividades dos máis cativos, senon que quero dirixirme aos adultos de cada casa: pais, nais, avoas, tíos...


Por se alguén anda despistad@, hoxe queremos falar dunha parte da nosa querida biblio adicada a educación  dos nenos e nenas de cada casa e que por suposto, está a vosa disposición sempre que queirades.


Contamos con títulos adicados a temas de actualidade, redes sociais, matemáticas ABN, educación emocional...


Se estades interesados en que vos prestemos algún libro, só tedes que falar co titor/a do voso fill@ e podedes  contar con el durante 2 semanas.


Algúns dos títulos que temos no noso catalogo son os seguintes:


"Escuela de padres: educación positiva para enseñar a tus hijos"

"El niño que habla: el lenguaje oral en preescolar"

"Educar con inteligencia emocional"

"Del fracaso al éxito escolar: una guia para potenciar el exito del estudiante"

"Estimular las inteligencias múltiples"

"Niños optimistas"

"Edúcame bien: 100 respuestas para madres y padres preocupados"

"Cando os nenos din basta"

"El pequeño dictador: cuando los padres son las victimas"

"Plantando semillas: el mindfulness con niños"

"Entrénalo para la vida"

"Empantallados"

"Gramática de la fantasía"

"Niño al que se le olvidó como mirar"

"Vitamina N"

"Enseñar, un viaje en comic"

"¡Padres alerta! Seguridad de los menores en internet"

"Niños desobedientes, padres desesperados"

"Educar entre dos"

"Consejos de padres a padres"

"La alegría de educar"

"Desconecta"

"A psicoloxía infantil e a nova educación"










Calquera cuestión non dubidedes en preguntarnos.


Unha aperta


Xoaniña Maruxiña

viernes, 20 de mayo de 2022

Semana das letras galegas 2022

  Boas familias! 


Esta semana foi moi especial no cole pois celebramos a semana adicada as letras galegas, adicado este ano ao gran Francisco Delgado.

Coma sempre o equipo de normalización linguística do centro, aportounos a tódolos cursos numerosas actividades para traballar ao autor homenaxeado, tendo como eixe central a nosa amada biblioteca.

Os máis pequenos do San Fermín, traballaron a sua vida a traves dun precioso conto adaptado a idade dos nenos e nenas de infantil e pintaron un debuxo coa sua imaxe e un dos seus poemas.





En canto as nenas e nenos de primaria, traballaron a sua vida de forma interactiva, grazas como cada ano a web http://seminariogalan.org/






Outra das actividades que se impolsou e na que traballou todo o colexio foi para adornar o corredor que leva hacia a biblio con bandeiras de Galicia e con tódolos autores que se homenaxearon na historía desta importante data.






 



E por último 3º, 5º e 6º participaron nunha xincana polo calvario. Tiñan que facer un recorrido por diferentes locais do barrio e resolver diferentes enigmas relacionadas coa festividade.





E como cada festividade aquí tedes as diferentes opcións que se ofreceron desde a biblio para traballar as letras galegas.




Espero que vos gustaran tódalas opcións que traballamos nesta semana tan intensa.

Unha aperta


Xoaniña Maruxiña

miércoles, 18 de mayo de 2022

Semana do libro

 No colexio San Fermín festexamos o día do libro durante unha semana! 🥳

Qué mellor maneira de desfrutar da lectura con diferentes actividades entre todo o colexio? 🤗


Unha actividade con gran acollida foi o apadriñamento lector, onde nenos e nenas de Primaria léronlle contos aos máis peques 📖






Mercadillo de libros: os nenos e nenas trouxeron libros da súa casa para intercambialos cos de algún compañeiro/a.









Ademais do intercambio de libros tamèn fixemos un intercambio de marcapáxinas que decoraron na clase.








Lectura ao aire libre desfrutando do bo tempo! ☀️







Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º tamén fixeron un audioconto sobre o libre “Tormenta de Pimienta. 🎧






A Xoaniña Maruxiña