viernes, 12 de febrero de 2021

O Entroido!! 👺👸👮

Boas nenos e nenas!!
Aquí estamos un ano máis, un ano diferente e peculiar, pero un ano máis no que dende a biblioteca da escola celebramos por todo o alto o Entroido!!

Ao longo desta pasada semana o Meco mandou día a día cómo vir vestido ao cole, e ademais nas diferentes clases traballáronse os traxes populares galegos de Entroido, e fixéronse algunhas manualidades tendo como apoio algúns libros da nosa sección rosa (arte).

A continuación algunhas fotos das actividades e dos disfraces.

Entroido Biblio 2021



Espero que o pasárades tan ben coma min!

Un saúdo moi afectuoso,

A Xoaniña Maruxiña

lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

 Xa estou de volta!! 😀


Hoxe vos escribo para amosarvos tódolos murais que fixemos con motivo do día da Paz para darlle un lávado de imaxe aos nosos corredores. 

Este ano os traballos estiveron dedicados a persoas que obtiveron o Premio Nobel da Paz, e antes de  que tódolos nenos e nenas puxéranse a traballar nas súas respectivas obras de arte, tódolos cursos pasaron pola miña porta para ver vídeos e consultar información para coñecer de primeira man, quenes foron as personalidades sobre as que traballarían.

Os nenos e nenas de infantil coñeceron a vida de Malala Yousafzai.



En primeiro e segundo traballaron sobre Rigoberta Menchú.


Terceiro e cuarto, sumerxíronse na historia de Nelson Mandela




E por último, quinto e sexto tiveron un soño...ao igual que Martin Luther King!






Para rematar, vos animo a pasar pola pestaña de recomendacións, onde atoparedes algún dos libros e os vídeos cos que traballamos.

Que vos pareceron os nosos traballos??

Espero que vos gustasen tanto como a min!




Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña