Bos días a todos e todas!!!
O día 24 de outubro celebramos no cole San Fermín o día da Biblioteca con moitísimas actividades.
Os nenos e nenas de Educación Infantil visitaron a Biblioteca Pública Juan Compañel, situada no Casco Vello de Vigo
Os nenos e nenas de Educación Primaria fixeron tamén diversas actividades:
* En primeiro e segundo fixéronse visitas á biblio para traballar a formación de usuarios (coñecer as normas da biblioteca, os diferentes rincóns...)
* Na clase de primeiro potenciouse o hábito lector grazas á elaboración de un lectómetro:
*Na clase de segundo fixeron un marcapáxinas:
*Nas clases de terceiro e cuarto fixeron unha pescuda do tesouro na que ademáis de divertirse, coñeceron as diferentes seccións da biblioteca.
*E por último, os alumnos de 6º recibiron a formación de usuarios (como ordenar e gardar os libros, normas...) e nos próximos dias, un pequeno grupo de alumnas de 6º formarán ós nenos e nenas de 5º de Primaria, para organizar xuntos o grupo de voluntarios que axudarán ós profes na organización da biblioteca neste curso.
Este 24 de outubro foi un gran día para o noso cole, e dende ese día a presenza de lectores na biblioteca é moito maior 😃😃😃
Espero que todos sigan visitándome así de a miúdo.
Un saúdo,
A Xoaniña Maruxiña