miércoles, 25 de abril de 2018

Obradoiro de Banda Deseñada con Anxo Fariña

Ola a todos e todas!!!

Con motivo da celebración da semana do libro, hoxe acudiu ao noso cole Anxo Fariña para facer un obradoiro de debuxo e banda deseñada co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Anxo presentou varias das súas obras, entre elas a saga dos Megatoxos, deu varios exemplares para a nosa Biblioteca e ensinou algunhas técnicas e trucos de debuxo que os nosos nenos e nenas aproveitaron e aprenderon dunha forma activa e lúdica. 

Aquí tendes algunhas imaxes da actividade 😄😃 


Obradoiro de Banda Deseñada


Que ben o pasaron!!

Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

jueves, 19 de abril de 2018

Saída á Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Bos días a todos e todas!!

Co fin de establecer lazos entre a Biblioteca do noso cole e as Bibliotecas Públicas da zona, os alumnos de cuarto curso de Educación Primaria visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, onde lles explicaron a distribución, os recursos que teñen nesa biblioteca e fixeron con eles moitas actividades e xogos. 

Pasárono xenial  😄😄


Saída 4º Biblioteca


Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña 😘

lunes, 16 de abril de 2018

Día do autismo e día mundial do libro infantil

Bos días a todos e todas!!

Nestas últimas semanas os nenos e nenas do cole traballaron sobre o día 2 de abril: o día do autismo e o día mundial do libro infantil

Os máis pequenos fixeron moitísimas actividades a favor da igualdad, coma un mural da primavera pictográfico e unha sesión de "rachando barreiras".

En primaria os diferentes cursos fusionaron a celebración destes dous días traducindo e creando un conto pictográfico a través de aplicacións coma o Araword e o Microsoft Word. O resultado foi marabilloso e ademáis crearon material adicional para os nenos autistas do cole. 

Aínda que nos diferentes blogs das clases hai moitísimas fotografías destas celebracións 😊😊, hoxe déixovos unha selección aquí: 

Día del autismo 2018

Espero que vos gusten!!

Un saúdo,


A Xoaniña Maruxiña

jueves, 12 de abril de 2018

Contacontos con Iago López

Ola a todos e todas!!

Hoxe a mañán visitou o noso cole Iago López, un famoso contacontos que obsequiounos cunhas actuacións marabillosas que gustaron moitísimo aos nenos. 







Moitas grazas Iago!! 

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña

miércoles, 21 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía

Ola a todos e todas!!

Hoxe celebramos no cole o Día Mundial da Poesía.

Para iso, os máis maiores convertéronse nos guardiáns do patio, de forma que, para entrar e sair os demais compañeiros debían recitar un fragmento de un poema.

Na seguinte ligazón hai un video cos resultados!!


Espero que vos gustase!!

Un saúdo, 


A Xoaniña Maruxiña

domingo, 11 de marzo de 2018

Semana da prensa

Ola a todos e todas!!!

Esta semana celebrouse a semana da prensa, e todo o cole participou dunha forma ou outra para festexala. 

Fixéronse murais, a portada do periódico do cole, traballos co periódico "O Papagaio" e o kiosko do colexio San Fermín, elaborado polas profes e alumn@s de educación infantil






Espero que vos gustasen as fotografías dos traballos realizados!!

Un saúdo, 

A Xoaniña Maruxiña



jueves, 8 de marzo de 2018

Día da Muller Traballadora

Bos días a todo e todas 😄😃😄😄

Hoxe é un día moi especial. Hoxe 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora

Dende o cole tódolos cursos traballaron este día na nosa biblioteca de diversas formas: analizando personaxes femininos importantes na historia, falando da importancia da muller na sociedade, buscando información sobre o comezo deste día... 

Ademáis, os nenos e nenas de sexto fixeron un gran mural de fotografías baseadas no famoso cartel "We Can Do It!" e acudiron hoxe cun lazo na cabeza coma homenaxe. As profes do cole tamén se sumaron a esta bonita iniciativa. 



Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña