martes, 31 de octubre de 2017

O noso Samaín

Boas rapaces e rapazas:

Esta semana celebrouse Samaín no cole... Que medo!! E para festexalo fixéronse múltiples actividades no cole, en cada clase, e por suposto na biblioteca!!!
Dende o xa tradicional concurso de cabazas, pasando por un escalofriante photocallata a misteriosa e escalofriante aula do terror -onde os nenos e nenas len unha terrorífica historia amenizada polos mestres caracterizados- todos e todas pasamos un día moi divertido no cole. 

Como recomendacións de lectura relacionadas con este día, na biblioteca do cole dispoñemos dos seguintes libros:

- O Samaín. Autor: Francisco Castro. Editorial: Galaxia.
- Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín. Autor: Ramón D. Veiga e David Sierra. Editorial: Xerais
- Colección Los Sin Miedo. Autor: José María Plaza. Editorial: Edebé.

A continuación déixovos algunhas fotos das festividades. Espero que vos gusten!!  😄😄


Samaín Biblioteca



Un saúdo,

A Xoaniña Maruxiña

domingo, 10 de septiembre de 2017

Benvidos ao novo curso 2017-2018!!

Boas nenos e nenas  😊😊

Xa chegou, xa comeza, o novo curso escolar 2017-2018!! 

Este ano temos  novidades dende a biblioteca:

Somos centro PLAMBE!! O que significa que grazas a unha axuda económica da Xunta poderemos mellorar moitísimo a nosa biblioteca, novos libros, mobiliario, material informático...

Pouco a pouco avanzaremos neste curso, publicando as novidades e os traballos neste blogue. 

Comeza a aventura!!

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" Miguel de Cervantes


jueves, 4 de mayo de 2017

Coleccións bilingües na biblioteca!


Ola outra vez a todos e todas! Hoxe comparto outras das coleccións que máis gustan na nosa biblioteca escolar, as nosas coleccións bilingües. Están en castelán e inglés para que os nenos e nenas de primaria comezen a habituarse a ler tamén neste idioma. As fotos son dalgúns dos libros das coleccións Magic English Disney. Espero que vos gustenUn saúdo,
                                                      
                                                         A xoaniña Maruxiña









domingo, 19 de marzo de 2017

Coleccións na biblioteca

Ola outra semana máis! Hoxe comparto algunhas das coleccións de libros que máis lles gustan aos nenos e nenas na nosa biblioteca escolar. Un saúdo,
                                       A xoaniña Maruxiña








sábado, 4 de marzo de 2017

Obradoiros na biblioteca


Ola a todos e todas! Fai unhas semanas algúns alumnos e alumnas de Educación Infantil acudiron á biblioteca para realizar uns obradoiros moi divertidos, pasárono estupendamente! Comparto con vos unhas fotos do día. Un saúdo!
                                                      
                                        A xoaniña Maruxiña






domingo, 19 de febrero de 2017

Linguaxe de signos na biblioteca

Ola nenos e nenas! Esta semana a clase de 4º de Primaria participou nunha proxección dun vídeo sobre a linguaxe de signos na biblioteca escolar, aquí tedes as fotos! Ata a próxima semana! Un saúdo!
                                                                                                             
                            A xoaniña Maruxiña









domingo, 12 de febrero de 2017

Visita dalgúns alumnos á biblioteca

Ola a todos e todas! Esta semana comparto as fotos da visita dos nenos e nenas de 4º de Primaria á nosa biblioteca, na que estiveron buscando información para un traballo de clase coa axuda dos libros. Espero que vos gusten. Un saúdo, 
                          
     A Xoaniña Maruxiña